Amigos da República de Ourense. 2005. Comunicado inauguración monumento.

Ourense, 21 de setembro de 2005

 

 

Comunicado de Prensa

 

“Do voso sacrificio o sangue que aventa liberdade”

 

 

Unha vez máis queremos contar co apoio e colaboración dos medios de comunicación para dar a coñecer unha nova actividade da asociación Amigos da República de Ourense.

 

Tras a etapa de burocracia na que o proxecto do monumento aos republicanos  asasinados estaba a dar pasos cara á realidade, é hora xa de anunciar que o próximo domingo, día 25 de setembro, ás 12 da mañá, procederase á inauguración do conxunto escultórico no cimeterio de San Francisco. Esta obra está ideada polos arquitectos Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez e contou tamén coa colaboración do músico Xoán Antón Vázquez e Francisco Xosé Fernández, autor do epitafio que a preside: “Do voso sacrificio o sangue que aventa liberdade”

 

Esta iniciativa promovida por Amigos da República de Ourense materializouse grazas a unha subscrición popular na que persoas de diversas procedencias xeográficas –maioritariamente da Cidade de As Burgas- entregaron a súa contribución económica, dende 3 € a 600 € para, en definitiva, achegar os 4.000 € aos que ascendeu o proxecto.

 

O conxunto escultórico, tras a inauguración, será doado ao Concello de Ourense, xa que entendemos que son os ourensáns e ourensás na súa totalidade os verdadeiros propietarios desta obra.

 

Para calquera ampliación de información, podedes contactar con:

 

Xosé Lois Carrión

David Cortón        

 

Aproveitamos a ocasión para saudalo, agradecendo de novo a axuda e cobertura informativa que estamos seguros recibiremos nese medio.

Saír.